Símbolo do poder e importancia do porto de Pontevedra e do seu gremio de mariñeiros no século XVI, xa que financiaron a construción deste templo. Combina varios estilos do gótico tardío, con influencias do manuelino portugués e do primeiro renacemento. Destacan a súa fachada principal, xoia do plateresco galego, e no seu interior as súas bóvedas de crucería e a contraportada situadas no muro Sur con relevos do Antigo Testamento, escenas de fábulas, todo un repertorio con intención didáctica.