Un dos espazos máis emblemáticos de Ferrol, ideal para contemplar a posta de sol, e desde onde se observa a tortuosa Costa Ártabra.

O Faro de Cabo Prior, de máis de 100 m de altura, presíde o cabo; unha escaleira encaixada na rocha leva ata a sirena (advirte aos buques da proximidade da costa cando os sinais luminosos son inservibles pola néboa).