O Camiño de Inverno, usado dende tempos inmemoriais para sortear a cadea de cordilleiras que flanquea o leste de Galicia, adquire este nome a raíz de ser empregado polos peregrinos para evitar os duros cumes invernais dos Ancares, alto do Cebreiro. Pese a que este rodeo supón case 60 km. máis que a alterntiva do Cebreiro, a orografía é menos abrupta e a climatoloxía menos extrema convertíano nun traxecto menos perigoso.
Nace de Ponferrada, onde se separa do Camiño Francés. Xa en Galicia, acompaña o percorrido do Sil ao seu paso por terras de Valdeorras e Quiroga e ascende a terras de Brollón, entrando a continuación en terras Monfortinas. Tras salvar o río Cabe pola ponte medieval e chegar ao Campo San Antonio, abandona o núcleo urbano en dirección á parroquia da Vide, para continuar por Moreda e pasar xa ao concello de Pantón.
Na Praza Doctor Goyanes de Monforte, atópase a Oficina de atención ao peregrino, nun edificio histórico que antiguamente foi un hotel, e agora tras unha rehabilitación integral deste espazo na planta baixa do edificio, atopamos todo o necesario para o asesoramento do camiñante.
A oficina de atención ao peregrino é o lugar onde se poderá selar a Credencial do Peregrino e onde se lle dará a benvida aos peregrinos e información precisa, así como os preparativos para realizar o Camiño. A intención é de aproveitar o impulso turístíco destes últimos meses, onde Monforte foi sen dúbida un reclamo turístico como reflexan os datos recollidos na oficina de turismo, e intentar desestacionalizar e distribuir ao longo de todo o ano a oferta turística municipal.
Ademáis da oficina do peregrino, as instalacións son un Centro de interpretación do Camiño de Inverno, nelas temos información sobre o traxecto, fotografías, documentación, amósase unha proxección audiovisual sobre o Camiño de Inverno, entre outros videos promocionales, así como o folleto e rueiro, realizado específicamente para este Camiño por parte do Concello de Monforte de Lemos.
Poderemos coñecer información sobre as orixes do Camiño, a arquitectura relixiosa, a arquitectura civil que atoparemos no transcurrir do camiño.
Dase información sobre as nove etapas do camiño, cas súas características más salientables, promovemos que Monforte é o final da etapa 4 e onde se inicia a etapa 5 para informar do conxunto histórico-artístico, xunto cunha exposición lineal histórica salientando os acontecimientos da nosa historia.