O Museo Municipal da Filigrana de Gondomar conta cunha ampla e variada colección de aparellos e maquinaria proporcionada polos orfebres locais, e unha valiosa colección de pezas únicas de filigrana, entre elas o “Corazón de Filigrana máis grande do mundo” e o “Vestido de Filigrana con sinatura de Micaela Oliveira”.
Instalado na Casa Branca de Gramido, unha casa señorial do século XVIII, con vistas ó río Douro, na parroquia de Valbom, este muso é o centro de benvida da Ruta da Filigrana, que invita a descubrir os tralleres tradicionais nos que o visitante pode entender e vivir de preto aos homes e mulleres que producen esta delicadas pezas de xoiería, coñecendo a súa historia e legado, así como todo o proceso de produción artesanal.
En CINDOR – Centro de Formación Profesional da Industria de Orfebrería e Reloxería, escola de formación profesional especializada nas artes da orfebrería, e posible realizar talleres de filigrana e cincelado, unha experiencia auténtica e enriquecedra para grupos de máis de 10 persoas.
O Museo Municipal de Filigrana, seis talleres tradicionais e CINDOR, forman parte da oferta de Turismo Industrial do Municipio de Gondomar.
Direción: Trav. Convenção de Gramido, 41, 4420-416 Valbom
Contactos: +351 224 664 310 | +351 932 003 358 | turismo@cm-gondomar.pt
Entrada: 2€ | Gratuita: naturais e residentes de Gondomar, <18 anos e >65 anos
Horario: martes a sábado – 10h00-13h00 e 14h00-18h00
Visita ás oficinas: pre-reserva obrigatoria (3 días hábiles de antelación). Reservas: turismo@cm-gondomar.pt
+ info www.visitgondomar.cm-gondomar.pt
Vídeo promocional: Rota da Filigrana