Instalada onde estivo a primeira nave industrial coa construción de Porto de Leixões, sitúase a Casa da Arquitectura, un conxunto de carácter nacional, dedicado á divulgación, arquivo e posta en valor da Arquitectura. Na súa colección están representados, entre outros, proxectos e maquetas dos gañadores dos tres premios Pritzker atribuídos a arquitectos de lingua portuguesa, Álvaro Siza Vieira, Eduardo Souto de Moura e Paulo Mendes da Rocha. O antigo edificio da Real Compañía Vinícola, construído entre 1897 e 1901, foi rehabilitado polo Concello de Matosinhos, logo de moitas décadas en abandono e ruína, reabriu oficialmente como centro de actividades culturais en 2017. Ademais da Casa da Arquitectura , o inmoble tamén alberga a Orquestra de Jazz de Matosinhos, así como espazos comerciais.