A “Casa Vaamonde” da fronte á Rúa Maior e á Praza da Costitución, e foi construída a finais do século XIX, sendo proxectada polo arquitecto Daniel García Vaamonde, por encargo do seu irmán Don Camilo.
Desde 1920 é Casa do Concello, sendo reformada e ampliada en 1998.
Na Praza da Constitución hai unha estatua de pedra que conmemora ao rei Afonso IX, cuxa morte tivo lugar en Vilanova de Sárria (24 de setembro de 1230).