Casa-museo do poeta Manuel Curros Enríquez dedicada á promoción da literatura de Celanova e sede da Fundación Curros Enríquez. A planta baixa acolle unha exposición didáctica permanente sobre os poetas Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Na primeira e segunda planta hai espazos para a realización de actividades e unha sala de exposicións temporais. Visita guiada para grupos, previa cita. Realización dun programa para escolares que inclúe, ademais da visita á casa-museo, unha ruta de sendeirismo coa figura de Curros Enríquez como condutor e lectura de poemas e visitas a outros lugares de interese turístico da zona. Biblioteca.