A Catedral Basílica de San Martiño é, sen ningunha dúbida, un dos eixos monumentais de Ourense: o elemento que articula o Centro Histórico, a cidade medieval.
Como auténtico tesouro artístico e histórico que é, a súa visita require tempo para deterse a admirar a beleza e maxestosidade non só do edificio, senón de todos os segredos que garda no seu interior.
Para coñecela e gozala, a visita comeza percorrendo o exterior, as catro portas onde se pode apreciar a evolución construtiva dunha obra que comeza no século XII e continúa case até os nosos días, para despois continuar paseando a xirola polas súas capelas interiores.