Ideado como un museo interpretativo dirixido a ensinar a riqueza ecolóxica e natural de Corrubedo, foi construído ao lado da coñecida Casa da Costa, o punto de recepción de visitantes do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Trátase dunha instalación para a educación ambiental de singular construción, cunha área con cuberta transparente en forma de arco. Acolle esencialmente mostras de temática relativa ao ecosistema do parque natural ou a outros ecosistemas costeiros.