A zona monumental de Ourense sitúase na parte máis antiga da cidade de Ourense. Un entramado de rúas empedradas e peonís nas que pasear tranquilamente gozando do seu ambiente e os seus monumentos. Ademáis de acoller os principais lugares de interese da cidade (como son a catedral de San Martiño, a Praza Maior, as fontes das Burgas ou o claustro de San Francisco), o centro histórico tamén alberga salas de exposicións, comercios tradicionais e a zona gastronómica por excelencia da cidade: os Viños. Nas súas ruelas e coquetas prazas poden rastrexarse as diferentes etapas históricas da cidade, desde a época romana ata a súa historia máis recente, pasando polo medievo ou a época moderna.