Pontevedra conta cun dos centros históricos mellor conservados de toda Galicia. Foi declarado ademais como Conxunto Histórico-Artístico en 1951, e é sen dúbida a testemuña en pedra do esplendor medieval que viviu a cidade. Aquí, faise realidade o tópico de que como mellor se descubre un lugar é paseando polas súas rúas, prazas e lugares máis emblemáticos e mergullándose de cheo na súa cultura, e tamén na súa historia.