En 1999 a Xunta de Galicia convocou un concurso internacional para seleccionar o proxecto para a construcción da Cidade da Cultura de Galicia, un gran equipamiento cultural con un vasto programa que incluía diversos museos, biblioteca, hemeroteca e centros de estudos e investigación.
O concurso se desenvolveuse en dúas fases. Na primeira foron seleccionados doce equipos, por medio de un concurso de méritos. De estos, cinco eran españois, os dirigidos por Ricardo Bofill, Santiago Calatrava, Manuel Gallego, Juan Navarro Baldeweg e César Portela; un era alemán, o de Daniel Libeskind; dous franceses; encabezados por Jean Nouvel e Dominique Perrault; un holandés, Rem Koolhaas e OMA; outro suízo, o de Annette Gigon e Mike Guyer; e, por último, dous norteamericanos, Steven Holl e Peter Eisenman, que foi o gañador.
O proxecto de Eisenman reflicte a talla intelectual e creativa do seu autor. Este arquitecto montou o seu estudio con cincuenta anos cumpridos, tras unha brillante carreira como crítico e estudoso da arquitectura. Eisenman propón un edificio topográfico no que as onduladas cubertas dos diferentes edificios aparecen como o relevo do monte Gaiás, sucado por fondas fendas polas que se circula e accede aos diferentes volumes.
Eisenman propuxo, unha vez comezadas as obras, rendir unha homenaxe ao seu compatriota John Hejduk, integrando na Cidade da Cultura dúas torres proxectadas polo desaparecido arquitecto para que se erixisen en Belvís.
O formidable tamaño do complexo, que iguala en extensión ao casco histórico compostelán, a súa valiosa arquitectura e a súa oferta cultural, completan a vontade de Santiago de se converter nunha referencia indispensable no circuíto cultural internacional.