Fundado polo cardeal D. Rodrigo de Castro, fachada renacentista (110 m. de longa e cunha altura máxima de 23 m.). Edificado por varios arquitectos xesuítas, as obras iniciáronse no ano 1593 e finalizadas polos P.P. Escolapios en 1910.
Claustros con escudos en pedra tallada (o da Casa de Lemos, Casa de Alba, cardeal Rodrigo de Castro e P.P. Escolapios).
Escaleira monumental con chanzos dunha soa peza de granito dividida en tres tramos sen puntos visibles de apoio.
No interior da Igrexa Retablo maior obra de Francisco de Moure, Estatua Orante de Rodrigo de Castro de Xoán de Boloña, Capelas do Santo Cristo, da Epifanía e das Reliquias.
Visitable tamén a Pinacoteca, instalada nunha antiga sancristía da igrexa do Colexio, construída en 1699. A dependencia que ocupa o museo presenta unha gran beleza arquitectónica. A pinacoteca conta con dous cadros do Greco (San Lorenzo e San Francisco). Cinco táboas do pintor renacentista italiano Andrea do Sarto, entre outras obras e pezas que pertenceron ao Cardeal fundador.