Situado no núcleo rural de Baltar, a construción orixinal débese a Juan Pardo e Andrade a finais do século XVI, sendo cedida pola derradeira Marquesa de San Sadurniño, María da Natividade Quindós e Villarroel, aos Misioneiros Claretianos en 1910.

O Pazo de Baltar, coa súa arquitectura adxetiva da magnífica capela, monumental fonte e grande hórreo, avala a riqueza da fidalguía rural do Val.

Atribúese a construcción deste Pazo de Baltar, moi diferente do que hoxe se conserva a Ares Pardo ou ao seu fillo Don Xoan Pardo de Lago e Andrade, neto de Pedro Tenreiro de Lago, señor de Belote, na primeira metade do século XVI, quen é considerado o primeiro señor de Baltar.

Unha descendente do fundador, dona Josefa Cayetana Pardo e Moscoso, casou co seu parente don José Jacinto Quindós e Andrade, III marqués de San Sadurniño, entrando o Señorio de Baltar nesta casa.

Os marqueses de San Sadurniño fixaron a súa residencia neste pazo de Baltar. Entre a arquitectura adxetiva que rodea ao pazo destaca a espléndida capela á que foron trasladados os restos de tódolos membros desta familia, e unha fonte barroca de grande valor estilístico e fermosura.

A derradeira marquesa de San Sadurniño, Dona María de la Natividad Quindós e Villarroel non tivo descendencia, doando o pazo de Baltar aos pais misioneiros do Sagrado Corazón de María, quenes contruíron sobre os alicerces do vello pazo, con pouca fortuna un mosteiro novo en 1914.