O  Neolítico é unha etapa da Prehistoria na se sitúa un fenómeno coñecido como Megalitismo, que se caracteriza pola construción de monumentos con grandes pedras ou megalitos.

Monumentos  megalíticos, podes atopalos en Ribeira, como o Dolmen de Axeitos, un dos monumentos funerarios máis destacados de Galicia considerado Ben de Interese Cultural e coñecido como o  Partenón do Megalitismo galego.

O ceo foi a guía da humanidade durante miles de anos e a posición da Lúa e o Sol determinaba os comportamentos dos nosos devanceiros. Do mesmo xeito, a construción dos dolmens/dólmenes determinou a súa orientación celeste. Con máis de 6.000 anos de antiguedade, o dolmen de Axeitos ten a orientación habitual dos dólmenes europeos, o que posibilita a entrada do sol polo seu corredor nos  equinoccios.  Hai que lembrar que os dólmenes estaban enterrados cubertos por un  túmulo, recibindo o nome de mámoa.

Este gran monumento megalítico alberga nas súas pedras as antigas memorias comunais e de respecto á natureza dos nosos devanceiros.