Un percorrido por máis de 150 módulos entre os que atoparemos por exemplo un rostro con máis de dez mil fotografas de caras que reproduce a Gioconda de Leonardo da Vinci.
O museo conta cunha sala de cinema IMAX, Leonardo da Vinci, onde gozar de cinema científico nunha pantalla de 80 m2 e con 4000 watts de son de calidade dixital.
O espectacular edificio é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, premio Pritzker de arquitectura, álzase sobre unha antiga canteira como unha vela inflada polo vento.
Diante do museo, álzase fronte ao mar, un soldado romano de bronce. A escultura, coñecida tamén como O guerreiro, é obra do escultor Fernando Botero.
HORARIO
> INVERNO (xaneiro e febreiro)
Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h*
Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
1 e 6 de xaneiro: pechado
> PRIMAVERA (marzo a xuño)
Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
> VERÁN (xullo e agosto)
Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
> OUTONO (setembro a decembro)
Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*
24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*
31 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
25 de decembro: pechado