O faro de Regufe foi inaugurado o 23 de marzo de 1892 e é un dos elementos arquitectónicos representativos da arte do ferro no norte do país. A súa torre cilíndrica, pintada de vermello, elévase a vinte e dous metros de altura, sostida por tres puntais de ferro.

En 1917 construíuse unha vivenda (Casa do Farolero) xunto ó faro, onde en 1929 nacería o historiador de arte portuguesa Flávio Gonçalves, fillo do encargado.

Restaurado en 1995, foi desactivado en 2001. En 2016 volveu ser obxecto dunha obra de rehabilitación e, na actualidade, o Faro de Regufe e a Casa do Faro están abertos ó público para a súa visita.

Integrado no itinerario cultural que ten como obxectivo o recoñecemento doutros espazos históricos da cidade, o Faro de Regufe é, cada vez máis, un lugar de referencia en Póvoa de Varzim.

A entrada é gratuíta.