A fonte do Tinteiro atópase no Paseo Termal do río Miño, a uns 700 metros das termas da Chavasqueira e a 3 kilómetros da Praza Maior de Ourense.
Manancial moi querido e visitado na cidade. A tradición lle atribúe ás súas augas termais importantes propiedades terapéuticas. Pola súa composición, rica en minerais como o azufre, son augas especialmente indicadas para o coidado das afeccións da pel. É habitual ver ás xentes do lugar achegarse con recipientes para mergullar os pés ou mesmo para levar a casa.
A fonte do Tinteiro atópase nun miradoiro construído en madeira sobre o leito do río, con magníficas vistas da contorna, un lugar privilexiado para a observación de aves. Accédese por unha senda peonil polas beiras do río Miño, aínda que tamén conta con zona de estacionamento a uns 100 metros.