A igrexa de Santa Comba de Bande está considerada unha das primeiras igrexas cruciformes construídas en arquitectura visigoda.
A partir de documentos atopados en Celanova hai constancia da existencia desta igrexa no ano 675, cando foi entregada a un tal Odoymo para a súa reconstrución. No ano 872, baixo o reinado de Afonso III, foi reconstruída.
Este templo beneditino adquiriu a condición de Monumento Histórico-Artístico en 1921 e en 1930 realizáronse as últimas obras de restauración ata a data.
A súa estrutura arquitectónica é un rectángulo de 12×18 en forma de cruz grega. Presenta ábsida na á oeste, pórtico na á leste e cubertas a catro augas.
Aínda que no seu exterior se realizaron obras de rehabilitación, no interior, non obstante, as súas bóvedas e decoración son orixinais do século XVI; un exemplo perfectamente conservado da arquitectura visigoda. Apreciamos naves cubertas con bóvedas de canón feitas con ladrillo romano e unha representación da Ascensión da Virxe xunto co Anxo Gabriel e a pomba do Espírito Santo. Na capela da dereita está o sarcófago de San Torcuato; un dos primeiros discípulos de Santiago Apóstolo. Porén, os seus restos, dende o século X, repousan na igrexa de San Salvador de Celanova. Se prestamos atención ao sarcófago, veremos que se atopa nun estado moi desgastado, consecuencia directa de que visitantes e devotos o raspan para obter o po como reliquia.