Situada no comezo da Rúa maior, fronte á torre da Fortaleza e o xulgado (antigo Hospital de Santo Antón de Abade). É obra do século XIII, dunha soa nave rectangular, con teitume de madeira e ábsida semicircular.

Encadrada no gótico primitivo, presenta na fachada norte un Pantocrator de traza arcainzante. A espadana é de 1860 e executouna o constructor sarrián Francisco Castiñeira.

Contén algún elemento románico, arcos e portas góticas. A ábsida é de traza románica de transición, con tramo rectangular e cabeceira semicircular, con bóveda de canón e cuarto de esfera respectivamente.

No frontis ten a porta gotica, e no muro norte ábrese unha porta de transición con elementos arcainzantes. Esta ten arco lixeiramente apuntado, formado por arquivolata de baquetilla, capiteis con follas e bastóns e unha cabeza humana. O tímpano vese, para algúns a figura de Cristo Maxestade, e para outros autores o Melquisedec, e mesmo a do rei David, en actitude de bendición, con trazos inxenuos, no medio de árbores esquematizadas, rematada por unha cruz grega (cruces inscritas en círculos); As cabezas das vigas da parte norte representan cabezas humanas, volutas, rosetas, puntas de clavo. Nesa fachada hai numerosos sinais lapidarios. Destaca a ferraxe ornamental, tamén de época medieval, existente na porta norte.