A igrexa nova de Santa Mariña, situada na Rúa Maior xunto á Praza do Mercado, construíuse con cargo á testamentaria de don Juan María López, sendo proxectada polo arquitecto santiagués Sr. Domínguez. Actualmente a Praza de Juan María López é escenario de diversos actos culturais e na igrexa celébrase a misa do peregrino.

A torre, rematada en alta agulla piramidal, alberga o reloxo publico.

No interior destacan as imaxes de Santa Mariña e San Xoán (patróns da vila), obras de Isidoro Brocos, o Cristo Crucificado, da autoría de Magariño, o sepulcro de don Juan María López, as vidreiras de San Matías e San Andrés, doadas por don Matías López e as deterioradas pinturas dos catro evanxelistas.

No “adro sur” vese un “cruceiro” da escola compostelá, e no muro hai unha pintura mural de temática xacobea, da pintora Veloso.

Na Travesía dá Igrexa está a casa Reitoral (1778) con inscrición votiva.