Esta igrexa sofre varias modificacións ao longo da súa historia. As pedras traballadas dos seus muros falan da posible existencia dunha edificación menor.

A igrexa é dunha soa nave, cunha ábsida semicircular no interior e semidecagonal no exterior.

A porta principal consta de dúas arquivoltas e bóveda.

No seu muro meridional, destaca un relevo de dúas figuras humanas baixo dous pequenos arcos con columnas de tipo salomónico, posiblemente da época romana.