Tamén chamada Illa do Covo, ofrece a quen a visitan unha simbiose perfecta entre natureza, arte e paisaxe ao acoller na súa superficie un proxecto artístico pioneiro en España. Doce artistas de fama internacional como Robert Morris ou Dan Graham participaron neste proxecto para o que realizaron unha serie de obras talladas en granito relacionadas coa paisaxe, a tradición, a historia da escultura e da pedra. Un lugar ideal para gozar dun paseo, do deporte ao aire libre e da cultura.
Varias rutas de sendeirismo, a ambas as marxes do río, permiten descubrir o seu variado e frondoso bosque de ribeira.