A ribeira de Feitos ten o seu nacemento no Monte de S. Gonçalo (a maior elevación do concello de Barcelos). O desnivel acentuado en formacións rochosas e o bater da auga ao longo do tempo formaron cascatas e lagoas que son auténticas bolsas de natureza. As lagoas de Enxate, situadas na parroquia de Vila Cova, son o exemplo dun espazo verdadeiramente natural, aberto nunha fraga ó pé do monte de S. Gonçalo e S. Mamede.