Con 2 metros de altura, o monolito de granito pareceque amosa unha figura antropomórfica, moi incipiente. Desde a época do Bronce Neolítico (III-II milenio a.C.), estes monumentos tiveron unha vocación devocional de culto á fertilidade. Ademais destes, outros –dolmens ou mamoas– que servirían de monumentos funerarios, constitúen os principais fitos da chamada cultura megalítica.