O espazo termal de uso lúdico de Outariz e Burga de Canedo é o máis grande da cidade, con múltiples espazos para o baño que se estenden pola marxe dereita do río Miño. Trátase de dous conxuntos de vasos termais ao aire libre situados nunha gran área recreativa axardinada.
A sección de Outariz conta cun vaso de auga fría e tres de auga quente, mentres que na Burga de Canedo conviven un vaso de auga fría e tres dobres de auga quente.
A zona de baño dispón de vestiarios con consignas e aseos a disposición dos usuarios. O acceso é gratuito aínda que existe un límite de capacidade.