O Paseo Termal do río Miño é unha senda verde e peonil que se estende pola marxe dereita do río Miño ao larto duns 4 kilómetros. Caracterízase pola súa alta concentración de espazos termais, moitos deles acondicionados para o baño. Aquí pódese desfrutar dun baño termal en plena natureza durante todo o ano, sexa inverno ou verán. Entre os seus espazos termais atópanse a fonte do Tinteiro e as zonas de baño termal da Chavasqueira, Muíño da Veiga, Outariz e Burga de Canedo. Trátase, sen dúbida, dunha desas experiencias que non se poden perder na cidade de Ourense