PASEOS CON ENCANTO
A natureza é unha máxima en Ribeira. Paisaxes de ría e mar aberto, ríos e lagoas, bosques de ribeira e paseos máxicos que vas querer coñecer… Prepara a túa mochila e vamos de ruta!
SENDEIRO AZUL COROSO-RÍO AZOR: os Sendeiros Azuis son itinerarios que enlazan, atravesan ou parten de praias, portos ou centros de interpretación que foron galardoados coa Bandeira Azul. Os carreiros azuis axudan a poñer en valor espazos de interese natural, cultural e patrimonial próximos ao litoral. En España hai máis de 60 carreiros sostibles repartidos por toda a nosa costa, cada un coa súa propia personalidade.
Este sendeiro percorre a praia urbana de Coroso ata o recolleito areal de Río Azor. É unha zona moi transitada, con áreas recreativas e deportivas para menores e adultos, servizos de restauración e carril bici. No horizonte destaca a illa de Rúa e, máis próxima, a pequena illa dos Ratos.
Dificultade: | Baixa | |
Distancia: | 2,2 km | |
Tipo de percorrido: | Lineal | |
Coordenadas: | Inicio: | 42.564395674722185, -8.990605831315449 |
Fin: | 42.56986010512627, -8.968433557481601 |
PASEO LITORAL DO PORTO DE AGUIÑO A PUNTA COUSO: unha senda para gozar plenamente da natureza, do mar e da historia. Iníciase na zona portuaria de Aguiño, pasando polo Peirao Fenicio da Covasa, ata chegar ao Miradoiro de Couso. Camiños de terra e pasarelas de madeira van guiando un percorrido marcado por unha paisaxe costeira no que destacan o Arquipélago de Sálvora e a entrada da ría de Arousa.
Dificultade: | Baixa | |
Distancia: | 1,6 km | |
Tipo de percorrido: | Lineal | |
Coordenadas: | Inicio: | 42.51757086541836, -9.02341301169598 |
Fin: | 42.52355894899235, -9.034424180339121 |
PASEO LITORAL DE O CARREIRO, O CASTRO E A CATÍA: paseo que se inicia no espigón rochoso do Carreiro (Aguiño) e percorre sobre pasarelas de madeira as praias da Catía e O Castro. O final do itinerario conduce á área deportiva do Castro (Castiñeiras), un miradoiro con vistas ao arquipélago de Sálvora e ás últimas bateas instaladas na ría de Arousa.
Dificultade: | Baixa | |
Distancia: | 2 km | |
Tipo de percorrido: | Lineal | |
Coordenadas: | Inicio: | 42.52341721806235, -9.012180070676328 |
Fin: | 42.53056884483019, -8.998616652194212 |
PASEO LITORAL DO TOURO ATA A AMEIXIDA: Ribeira e A Ameixida (Castiñeiras) únense a través deste percorrido no que se poden ver algúns dos areais con máis encanto do municipio: Fontán, O Touro, A Furna, Area Secada e A Ameixida. O último tramo realízase por pasarelas de madeira sobre unha paisaxe rochosa de gran valor natural. As dornas, embarcación tradicional das Rías Baixas, varadas e ancoradas nas praias embelecen as vistas á costa.
Dificultade: | Baixa | |
Distancia: | 1,8 km | |
Tipo de percorrido: | Lineal | |
Coordenadas: | Inicio: | 42.55459751479617, -8.988741364599905 |
Fin: | 42.53976772623503, -8.986492866586072 |
PASEO LITORAL DO FARO AO PORTO DE CORRUBEDO: senda que forma parte da primeira etapa do Camiño de Santiago “A Orixe”. Iniciando no faro de Corrubedo e continuando a sinalización de “A Orixe” bordéase a costa camiñando por un enclave con vistas ao Océano Atlántico e a unha paisaxe formada por pequenos cantís e mar salvaxe. A camiñada acaba no porto de Corrubedo.
Dificultade: | Baixa | |
Distancia: | 2,1 km | |
Tipo de percorrido: | Lineal | |
Coordenadas: | Inicio: | 42.576400087063654, -9.09010591795977 |
Fin: | 42.572934693242246, -9.07213058119509 |
PR-G 265 SENDA FLUVIAL DO RÍO ARTES
Camiño que percorre parte do curso do río Artes ata chegar aos pés da serra do Barbanza. O itinerario está salpicado de importantes mostras do patrimonio etnográfico galego como muíños de auga e os lavadoiros de Portochouzo e do río Artes, este último rehabilitado polo arquitecto Carlos Seoane.
Mapa: https://barbanzarousa.gal/arquivo/roteiros/Panel%20Inicio_Fin%20Senda%20fluvial%20Rio%20de%20Artes.pdf
Dificultade: | Baixa-Media | |
Distancia: | 8 km | |
Tipo de percorrido: | Lineal | |
Coordenadas: | Inicio: | 42.57991685386196, -9.019348342824129 |
Fin: | 42.62139390124117, -8.988942821995932 |
CAMIÑOS DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA: dous roteiros permiten percorrer a Illa de Sálvora: o Roteiro do Faro, que vira ao redor das lendas do arquipélago e a historia do afundimento do barco-vapor Santa Isabel; e o Roteiro da Aldea, que descobre a historia do pobo abandonado e a etnografía que o rodea. Este último camiño só se pode facer con guía autorizado/a. Para acceder á illa é necesario reservar con antelación a travesía en barco.
Dificultade: | Baixa |
Distancia: | Roteiro do Faro: 1,2 km
Roteiro da Aldea: 1,7 km |
Tipo de percorrido: | Lineal |
Información: | https://www.parquenacionalillasatlanticas.com/index.php?option=com_content&view=article&id=178&Itemid=619&lang=es |
CAMIÑOS DO PARQUE NATURAL DO COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN: cinco carreiros naturais para coñecer camiñando os principais recursos do Parque: a gran duna, a desembocadura do río do Mar, a praia do Vilar e as Lagoas de Carregal e Vixán. Diferente e variado patrimonio cultural escondido asómase en cada unha destes roteiros. A rede de carreiros foi deseñada para percorrer o espazo sen invadir as zonas onde habitan as especies protexidas de flora e fauna.
Dificultade: | Baixa | |
Roteiro do Vento: | 1,5 km | Lineal |
Roteiro do Río do Mar: | 3 km | Lineal |
Roteiro da Gandarela: | 3,5 km | Circular |
Roteiro da Auga: | 3 -4 km | Circular |
Roteiro da Praia: | 1,5 km | Circular |
Información: | https://galicianaturaleunica.xunta.gal/es/complexo-dunar-corrubedo-lagoas-carregal-vixan |