A Arte Rupestre é unha manifestación artística que se sitúa na Idade dos Metais, concretamente na Idade de Bronce, e refírese ás pinturas e gravados prehistóricos existentes en covas, abrigos e lugares ao aire libre.
Nesta etapa da Prehistoria, na que se comeza a empregar ferramentas de bronce, os antepasados que habitaron este lugar deixaron o seu legado nunha gran rocha granítica que hoxe se coñece como a Pedra das Cabras. Con máis de 4.000 anos de antigüidade a forma dos gravados presentes nesta rocha aseméllanse a unha especie de cervos da época. Resulta curioso que os animais estean debuxados con seis patas,en vez de catro, o que podería supoñer un intento de representar as figuras en movemento.