Trátase dunha construción da época do emperador romano Traxano (114-119 d. C.), que formaba parte da Vía Nova. Conserva case intacta a súa estrutura orixinal. Como os espigóns romanos ou os sillares de granito sen xuntas nin cuñas, que sobreviviron ata hoxe.
A pesar da súa lonxevidade, segue dando servizo á estrada OU-636 que une Larouco coa Pobra de Trives e atravesada a diario por milleiros de vehículos, moitos deles de gran tonelaxe. Trátase dunha ponte de tres arcos que destaca pola sinxeleza das súas liñas e polos seus piares perfectamente perpendiculares á calzada. Mide 75 metros de longo e 6,5 metros de ancho. No seu punto máis alto, á altura do arco central, está a 22,5 metros do leito do río. É Monumento Histórico Artístico Nacional desde 1931.