É a ponte máis antiga de tódalas existentes en Monforte. A construcción actual data do S.XVI, pero sábese que xa no S.XIII existía un paso sobre o río neste punto. A ponte consta de seis arcos semicirculares, só catro deles son visibles hoxe en día, xa que os outros dous quedaron enterrados tras varias reformas no entorno.
Existe documentación que nos di que era unha obra pía (unha das poucas de Galicia), é dicir, un lugar polo que pasaban rutas de peregrinación ou rutas comerciais. Esta ponte cumpre as dúas condicións, xa que, ademais de ser un importante punto de entrada de mercancías, unha das rutas alternativas do Camiño pasa por aquí, o Camiño de Inverno.