O río Cerves nace na Serra de Faro de Avión, a uns 1000 m de altura. No seu vertixinoso descenso a Melón forma magníficos rápidos e fascinantes fervenzas e pozas.É a uns 500 m de altura onde se concentran a maioría destas fermosas piscinas, que no verán se converten en auténticas piscinas naturais aptas para o baño.
No km 605 da antiga N-120, onde o río se cruza con dita estrada é onde se atopa o acceso máis sinxelo, lugar denominado A Freixa. Aquí o río cruza tres pontes de varias épocas do século XX. Unha vez que o río cruza a N-120, o río diríxese a un estreito desfiladeiro onde está pechado e onde se construíu unha minicentral que retén as augas do Cerves camiño de Prexigueiro.
Antes do encoro aínda podemos ver os restos da que ata hai pouco era unha fermosa ponte medieval, xa que, a principios do século XXI, a erosión provocada polos incendios fixo que a auga descendera sen control e destruíse para sempre a fermosa ponte medieval. Aquí o río xa nos ofrece as primeiras piscinas máis accesibles.