A Granxa Escola de Braga preséntase como un espazo de diálogo interxeracional, que busca achegar á xente ao mundo rural, aos temas medioambientais e ás tradicións do Miño.
Na visita á granxa adentramos no mundo rural aínda descoñecido: a fauna e flora autóctonas da paisaxe tradicional de Miño, as tradicións, costumes e etnografía de Miño, a vendima, a recollida de follas e os magostos; que nos permiten coñecer esta vida cotiá que ás veces se nos escapa…
A Granxa Escola conta cun centro de formación e experimentación ambiental aberto ao público en xeral, os fins de semana e festivos con entrada gratuíta, de 14 a 17.30 horas (outubro/abril); e de 14 a 18.30 h. (maio/setembro).