Foi a rúa principal ata 1860 cando se iniciou a expansión da vila pola zona dos entrerrios (Sarria e Celeiro), intensificada ao consolidarse a comunicación ferroviaria nos anos 1880-1882. Ata ben entrado o século XX, a zona comercial e de servizos estaba situada alí. Consérvanse casas do século XVIII, blasonadas, e outras do século XIX con balcóns e galerías. O día do corpus é escenario das alfombras florais, en cuxa elaboración colaboran veciños e visitantes de todo o mundo.