A comarca de Sarria conta cunha contorna paisaxística singular, na que A Foz das Aceas é un referente. Na beira do río Sarria nace un paraíso con moitos segredos por descubrir. As Aceas é un fermoso bosque que anima a afastarse do ruído da vila e gozar da natureza. Nos días calurosos de verán a súa sombra acubillanos, no outono permítenos admirar as coloridas alfombras das follas caídas e na primavera contemplar o renacemento da natureza.

Trátase dunha ruta circular de aproximadamente 6 km que conta con paneis informativos sobre o propio percorrido, a flora, a fauna, a auga, os catro muíños (Acea de Baixo, Acea de Riba, Muño Conde, Muíño Regueiro) e as cinco presas que o conforman. a ruta.

As explicacións dos paneis compleméntanse con pequenos letreiros cos nomes científicos das plantas do camiño.