O río Lérez constitúe un marco natural de innegable valor ambiental que serve de nexo entre a zona urbana e o rural do concello de Pontevedra. É na súa desembocadura onde dá lugar a un ecosistema exclusivo da costa galega, cunha serie de peculiaridades naturais. O maior interese ecolóxico da fronte costeira reside nos hábitats intermareais, bancos areosos e lamacentos intermareais e submareais e marismas.
Podes realizar rutas de sendeirismo por ambas marxes do río de dificultade baixa e unha ruta lineal de 6 km (12 ida e volta)