A súa fundación aparece rodeada de varias lendas relacionadas, mesmo, con Bernardo de Carpio (século IX). Construíuse sobre un antigo castro. A súa construción comezou arredor dos séculos XI ou XII co obxectivo de vixiar a Lagoa de Antela.
Formaba parte das catro fortificacións que protexían a Lagoa de Antela (A Pena, Sandiás, Celme e Porqueira).
No S. XII xa é escenario de loitas con Portugal polo establecemento da fronteira. En 1368 foi atacada polo duque Lancaster cando reclamou o trono de Castela. Tamén entraron os Irmandiños que prenderon lume ao castelo.
Foi posesión do conde de Benavente, do marqués de Viana e, finalmente, da casa de Santana e Monterrei. Tamén tiña soto, con 3 plantas e terraza superior.
Hoxe só queda parte do torreón onde se poden admirar os muros de case catro metros de grosor. Actualmente está en ruínas.