Consta de tres recintos amurallados nos que as escavacións arqueolóxicas están a sacar á luz as diferentes construcións que se poden observar na visita. Os materiais obtidos nas escavacións son estudados e exhibidos no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón , entre eles, o conxunto de pezas áureas coñecido como o «Tesouro de Elviña».

O Castro de Elviña é un poboado protohistórico que estivo habitado entre o século III a.C. e o século IV d.C. O recinto consta de tres espazos amurallados. A croa, ou zona máis elevada, está rodeada dunha muralla duns 4 ou 5 m de altura e no seu interior agrúpanse as pequenas construcións. As terrazas inferiores mostran murallas de menores dimensións e edificacións diversas, como o singular pozo-alxibe.

Está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

 

HORARIO:

Outubro a xullo: os domingos ás 12.00 h

Agosto e setembro: sábados e domingos ás 12.00 h