A Férveda de San Paio encóntrase na parroquia de Entrecruces.
O río Outón parte en dous sobre a dura e negra rocha ao precipitarse dende unha altura de máis de 40 metros.
Conforma todo un espectáculo de auga e de escuma. A ela chegarás por antigos sendeiros coñecidos polas e polos habitantes da zona como «camiños reais».
Na súa contorna, podemos gozar da vexetación de ribeira e encontrarás os restos de antigos muíños, agora restaurados, e da que foi a primeira central hidroeléctrica do concello, que permitiu substituír a iluminación pública de gas acetileno por luz eléctrica aló polo 1915.
Até a Férveda poderás chegar polo desvío, na estrada de Carballo a Santiago, que encontrarás preto dos lindes da parroquia de Entrecruces con Tordoia