Igrexa de estilo románico-oxival, construída entre os séculos XII ao XIV. Situábase fóra das antigas murallas da cidade, de aí provén o seu nome.
A fachada modificouse en 1880. Conta con tres portadas. Consérvase o pórtico principal, que é o primitivo. O rosetón é oxival, do S.XIV e a torre das campás, do S.XV, pertence ao ocival dexenerado. No atrio hai un cruceiro de finais do S.XV. Ten sepulcros medievais nas naves e interesantes imaxes de pedra policromada coa anunciación. O altar é de prata repuxada.
Tamén coñecida co nome Santa María do Mar, por ser a antiga igrexa do gremio dos mareantes. Durante longo tempo mantívose o costume entre os mariñeiros e navegantes de efectuar a súa primeira visita a esta igrexa, en canto regresaban do mar, en sinal de agradecemento por arribar felizmente a porto.
En 1441 recibe a categoría de colexiata de mans do arcebispo de Compostela Don Lope de Mendoza.
Declarada Ben de Interese Cultural desde 1931.