Construída entre os séculos I e III d.C. durante a renovación urbanística flavia da antiga Bracara Augusta, este monumental conxunto termal sitúase na plataforma superior do Outeiro de Maximinos, na zona máis alta da cidade de Braga, constituíndo o único edificio de características públicas identificado ata o momento no perímetro escavado desta importante cidade romana.
Aínda que o seu contorno orixinal aínda non está totalmente escavado, as investigacións realizadas ata agora permiten confirmar que estamos ante un edificio que foi obxecto de algunhas modificacións estruturais dende o momento en que se iniciou a súa construción século I d. C.- ata o momento no que se abandonou o seu uso, no século V d.C., nun momento no que o Imperio Romano en Occidente estaba a derrubarse.