Situado no Monte Medo, no corazón da serra de San Mamede e catalogado como Monumento Histórico-Artístico Nacional en 1982, atópase o Santuario da Nosa Señora dos Milagres. É de estilo barroco-clásico e rodeado dun muro que ten 4 portas de entrada.

No seu adro pódese ver a súa fachada con balcón e altar para celebracións. Esta fachada principal é un pequeno avance do que foi a fachada do Obradoiro de Santiago de Compostela 7 anos despois.

No exterior atopamos 7 capelas equidistantes formando vía crucis, así como unha carballeira centenaria, a Fonte da Virxe e o Cruceiro da Piedade, construídos no século XVI.

O culto comeza na Idade Media e, sobre todo, a partir dos séculos XVI e XVII. En 1731, o segundo libro da Confraría da Virxe manifestaba a intención de construír o templo que, 37 anos despois, se construíu. Foron os Pais Paulos, que chegaron en 1869, os que gobernaron este santuario.

Daquela a Confraría da Virxe cubría Galicia, Asturias, Astorga, Benavente e o Norte de Portugal.Hoxe, do 30 de agosto ao 8 de setembro, celébrase “a novena”; unha romaría popular á que cada ano acoden máis de 100.000 persoas que peregrinan.