A Denominación de Orixe Protexida “Cebreiro” ampara o queixo elaborado con leite pasteurizado das razas de gando vacún loura galega, pardo-alpina, frisoa e as súas cruces. Está elaborado con leite limpo e enteiro, sen conservantes ou produtos medicamentosos, cunha composición equilibrada entre proteínas e graxas.