Unha historia de amor na cidade dos soños… A loura Betty Elms acaba de chegar a Hollywood para converterse en estrela de cinema, cando coñece a unha enigmática muller morena con amnesia. Mentres ambas tentan desentrañar a identidade da segunda muller, o cineasta Adam Kesher tópase con sinistros problemas no casting do seu último proxecto. A sedutora e aterradora visión de David Lynch da fábrica de soños que é Los Ángeles é unha das verdadeiras obras mestras do novo milenio, unha historia de amor, celos e vinganza sen igual.