A Indicación Xeográfica Protexida do Capón de Vilalba é a que se aplica á carne dos machos da especie Gallus domesticus, que son castrados por cirurxía antes de alcanzar a madurez sexual, con cría ao aire libre nas condicións climáticas da zona do capón de Vilalba. Trátase de razas semipesadas, de crecemento lento, con plumaxe marrón avermellada.

Os capóns son sacrificados ós 150 días, despois dun período de cría e engorde tras a castración duns 77 días. A zona xeográfica de cría, sacrificio e transformación deste animal, baixo a Indicación Xeográfica Protexida, limítase aos concellos de Muras, Xermade, Vilalba, Abadín, A Pastoriza, Guitiriz, Begonte, Cospeito e Castro de Rei.