A Ribeira Sacra é unha zona de produción de viño que conta cunha superficie de 2.500 hectáreas de viñedo, o que representa o 5,2% do terreo dedicado á vide en Galicia. Este territorio comprende máis de 20 concellos que se sitúan nas ribeiras dos ríos Miño e Sil, no sur da Provincia de Lugo e no norte de Ourense.
Na Ribeira Sacra cultívanse todas as variedades autóctonas de Galicia, estando autorizadas as seguintes:
Tintas preferentes: Mencía, Merenzao, Brancellao, Sousón, Tempranillo e Caíño Tinto.
Tintas autorizadas: Mouratón e Garnacha Tintorera.
Brancas preferentes: Albariño, Godello, Loureira, Treixadura, Torrontés e Doña Blanca.