Mención especial merecen neste catálogo de manxares as castañas, co seu sabor doce e textura firme. Aínda que a súa indicación xeográfica abarca toda Galicia, na cociña ourensá ocupan un lugar de honra, sobre todo na categoría de sobremesas: a cidade é unha das principais produtoras e exportadoras do delicado glacé marrón.