Unha vez ao ano, no mes de xuño, a cidade de Lugo viaxa no tempo para rememorar o seu pasado castrexo e romano. Durante tres días sucédense espectáculos, mercados e desfiles que enchen de vida e multitude as rúas da capital da provincia nunha celebración na que se implican diversas asociacións ligadas á recreación histórica.
É Festa de Interese Turístico Internacional