1907. Afonso refai a súa vida nunha illa tropical africana como médico dunha plantación, onde ten que curar a un grupo de criados «infectados» polo Banzo, a nostalxia dos esclavizados. Morren por ducias, por inanición ou suicidio. Por medo ó contaxio, o grupo é enviado a un outeiro chuvioso, rodeado de bosque. Alí, Afonso tenta curar ós servos, pero a súa incapacidade para comprender o que ocorre nas súas almas resulta ser máis forte que todas as solucións.