O pemento branco de Oímbra (Ourense) ten tamén a súa exaltación gastronómica e o seu recoñecemento como festa de interese turístico galego. Unha comida popular na Carballeira, o primeiro domingo de agosto.

Aínda que o maior atractivo da feira é o tempo da comida, no que veciños e visitantes degustan tanto pementos brancos como carnes, empanadas ou polbo, o ambiente é animado dende primeira hora, con concursos de pratos elaborados con pemento branco, degustacións gratuítas de pementos, expositores de produtos artesanais, produtos agrícolas e útiles agrícolas, actuacións folclóricas e mesmo inchables para nenos e nenas.